GALIZA: HOJE É DIA DE ROMARIA DE SANTA MARTA DE RIBATEME EM AS NEVES - OS DEVOTOS AINDA VÃO DE CAIXÃO
Santa Marta de Ribarteme é uma paróquia e romaria singular na Galiza, famosa pela procissão dos caixões onde pessoas vivas que escaparam da morte desfilam dentro de ataúdes todos os anos a 29 de julho. Os detalhes essenciais sobre esta celebração incluem aspetos como a data fixa, o ritual dos caixões e a devoção à santa.
Esta fin de semana celébrase a romaría de Santa Marta de Ribarteme, en San Xosé de Ribarteme (As Neves) e na que estará Orgullo Galego. Esta é unha das romarías máis antigas de Galiza e das poucas que aínda conserva o uso de cadaleitos (que agora o párroco prohibe por consideralo paganismo, ateismo e bruxería), ademais neste caso con persoas dentro que se ofreceron a Santa Marta.
En que consiste este rito?
Pois ben, nesta romaría, os vivos agradecen a Santa Marta non ter morto. Esta é unha das romarías galegas máis antigas, e, aínda que a primeira referencia escrita consta de 1700, hai certeza de que xa se vén celebrando desde o século XII e con toda seguridade, é unha tradición cristianizada con fortes vínculos coas montañas e divindades da zona polo que podería ter moitísimo máis tempo.
Esta parroquia será durante a fin de semana centro de peregrinación dos devotos e na que destaca a procesión de cadaleitos nos que van persoas que se ofreceron a Santa Marta, un xeito de agradecerlle que as axudara a superar situacións que as tiveron moi preto da morte. Estes cadaleitos quedan no santuario, agardando por novas persoas para a seguinte edición.
Durante o día grande, estoupan as bombas e os devotos desfilan á misa desde a primeira hora da mañá. Algúns ofrecidos chegan tamén portando candeas e outros obxectos e buscan tocar a imaxe da Santa, presentarlle peticións, depositar os exvotos, a limosna, etc. Logo a romaría continúa con bebida e comida
Algunhas das oracións que entoan as persoas alí asistentes son as seguintes: Virxe Santa Marta, raíña da gloria, todo o que se lle ofrece, sae con vitoria”, “Virxe Santa Marta, estrela do norte, que lle deu a vida ao que estivo na morte”. "Virxe Santa Marta, ramo de azafrán,o noso remedio está na súa man".
Desde que xornais internacionais decidiron catalogala como unha das festas máis “singulares” do mundo, o certo é que a masificación, a chegada de xornalistas internacionais buscando sensacionalismo e de persoas tentando meterse nos cadaleitos para facerse selfies, fixo que perdera parte da súa ritualidade e a tentaran converter nun espectáculo mediático.
Non falta quen o reduce todo a unha simple crenza relixiosa, sen entender o papel tan importante da morte na nosa sociedade. Isto é todo o contrario, é algo ligado á nosa cultura e tradicións, xa o di o dito a respecto de San Andrés de Teixido, vai peregrinando de morto quen non foi de vivo, algo ligado a moitas romarías e ás nosas crenzas. A morte é parte da cultura galega desde tempos inmemoriais.
Polo tanto, independentemente das crenzas, en romarías como a de Santa Marta de Ribarteme hai moita antropoloxía, moita cultura, moitos ritos herdados posibelmente desde épocas precristiás. A uniformización cultural é a destrución cultural dun pobo, a supervivencia de ritos en moitos casos é un exemplo dun pobo vivo culturalmente e unha oportunidade de estudo para os antropólogos de todo o mundo que nos permite coñecer máis a nosa historia.
Temos aínda moitas romarías vivas, desde Santa Marta de Ribarteme até O Corpiño onde ía a xente curar o meigallo, Amil, A Franqueira, a Virxe da Barca ou Santo André de Teixido.
Foto: La Voz de Galicia / Fonte: Orgullo Galego

Comentários
Enviar um comentário