NA GALIZA EM PORTUGUÊS NOS ENTENDEMOS!

 

"Falo galego, fala-me português': a AGAL lanza unha campaña para sensibilizar as persoas lusófonas sobre a realidade lingüística galega. A iniciativa procura que as persoas galegofalantes e lusófonas se comuniquen entre elas sen mudaren a lingua.
A campaña comezou oficialmente no día 25 de xullo, coincidindo co Día Nacional da Galiza. A primeira acción foron as camisolas co logo da campaña, pensadas para que as persoas galegas vistan cando visiten Portugal. As camisolas estiveron dispoñíbeis no posto que tivo a AGAL no Festigal e esgotáronse no mesmo día. "Estamos totalmente abraiados", dixo Jon Amil, presidente da associación, "non esperabamos que a campaña tivese un recibimento tan grande".
A campaña continuará a desenvolverse nos próximos meses, con máis camisolas, crachás e outros obxectos promocionais. Tamén se apostará polas redes sociais como vector para visibilizar a campaña no mundo, con vídeos de persoas relevantes da cultura e da internet. "Isto está apenas a comezar", declarou Jon Amil.
Fonte: NósDiário
A AGAL, Associaçom Galega da Língua, lanza a campaña Falo galego, fala-me português para sensibilizar as persoas lusófonas sobre a realidade lingüística galega. A campaña promove que as persoas galegofalantes e lusófonas se comuniquen entre elas sen mudaren a lingua.
A asociación asegurou que existe unha queixa continua cada vez que unha persoa galega visita Portugal: "É que eu lles falo en galego, e sempre me responden en portuñol". Neste senso, apuntaron que o motivo de que isto aconteza “non é desleixo nin maldade, é simplemente descoñecemento”. “A maioría das persoas que falan portugués non coñecen a realidade lingüística galega e non saben da continuidade lingüística que existe entre as dúas beiras do Minho”, salientaron.
É por iso que a AGAL decidiu lanzar a campaña Falo galego, fala-me português. Con este slogan “tan simple”, a campaña quere dar a coñecer o galego ás persoas de todos os países de lingua oficial portuguesa. Por un lado, a campaña procura que cando unha persoa galega visite un país de lingua portuguesa, as persoas estean sensibilizadas coa súa realidade. “Que saiban que é unha persoa galega a falar en galego, e non unha persoa castelanfalante a esforzarse por falar en portugués. E que saiban que esa persoa galega agradece que lle falen en portugués, e non quere que a outra persoa se esforce en falar castelán ou portuñol”. Polo outro lado, a campaña tamén quere mostrar a Galiza como unha terra acolledora para todas as persoas que falan portugués. “Que saiban que poden vir falando na súa lingua e que van ser entendidas, que non é preciso que muden de lingua para falaren coas persoas galegas”, reivindicaron.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

PONTE DE LIMA: PADRE MANUEL MIRANDA – PÁROCO DE CABRAÇÃO – FOI O ÚLTIMO PADRE EXORCISTA DESTA LOCALIDADE!

GASTRONOMIA DO MINHO MAIS POBRE! FALECEU CHEF FILIPE MORGADO, DE PONTE DE LIMA - CRÓNICA DE TITO DE MORAIS

PONTE DE LIMA VAI TER ALDEAMENTO TURÍSTICO DE 3 MILHÕES EM REFÓIOS DO LIMA – CRÓNICA DE TITO DE MORAIS